Barbadás inicia as obras de renovación da pista da Chaira
OurenseXa
Os traballos, que contan cun investimento de 67.000 euros e un prazo de execución de tres meses

4 Dec 2025
O Concello de Barbadás iniciou esta semana as obras de renovación da pista da Chaira, unha actuación que dende o Goberno municipal consideran “fundamental” para mellorar a seguridade e a mobilidade dos veciños.
Os traballos, que contan cun investimento de 67.000 euros e un prazo de execución de tres meses, inclúen a ampliación da calzada, a reparación do firme deteriorado e a instalación de nova sinalización.
Ademais, mellorarase a rede de drenaxe para evitar acumulacións de auga, o que contribuirá a unha circulación máis segura na vía.