Barbadás iniciará este luns as obras de rehabilitación na rúa Fonsillón

OurenseXa
Os traballos inclúen a renovación do pavimento, a mellora da mobilidade peonil, así como a actualización do reductor de velocidade e da sinalización da zona
rua-fonsillon-barbadas
Rúa Fonsillón, Barbadás
13 Jul 2025

O Concello de Barbadás iniciará este luns as obras de rehabilitación na rúa Fonsillón. O proxecto conta cun investimento de 30.000 euros e abrangue o tramo entre a rúa da Campiña e o límite co municipio de Ourense.

Os traballos inclúen a renovación do pavimento, a mellora da mobilidade peonil, así como a actualización do reductor de velocidade e da sinalización da zona.

Esta intervención forma parte do Plan de Obras 2025, que contempla un investimento total de máis de 1,1 millóns de euros no municipio de Barbadás.

⚙ Configurar cookies
0.19307804107666