Barbadás iniciará proximamente as obras de mellora do camiño da Moura de Arriba

OurenseXa
O proxecto conta cunha inversión superior aos 53.000 euros e un prazo de execución estimado en tres meses
camiño-moura-de-arriba-barbadas
Imaxe do Concello de Barbadás
10 Nov 2025

O Concello de Barbadás comezará nos próximos días as obras de mellora do camiño da Moura de Arriba, unha intervención que forma parte do Plan Camiña Rural 2025-2026, impulsado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

O proxecto conta cunha inversión superior aos 53.000 euros e un prazo de execución estimado en tres meses, e servirá para mellorar as condicións do vial e garantir unha maior seguridade para os usuarios.

O camiño da Moura de Arriba, destaca a tenente alcalde e concelleira de Obras, Victoria Morenza, “é unha vía fundamental para comunicar Barbadás e Sobrado. É unha zona moi transitada que se atopaba nun estado bastante complicado para a seguridade viaria”.

⚙ Configurar cookies
0.073726892471313