Barbadás lanza unha campaña para fomentar o comercio local a través da música

A Concellería de Comercio de Barbadás organiza unha actividade musical no Museo da Gaita de Fole co gallo da campaña do Día do Pai e como apoio ao comercio e á hostalaría local.
O evento, titulado “Conssertasso na horta” e protagonizado por Brais das Hortas, celebrarase o 28 de marzo ás 17:30 horas. A entrada familiar será gratuita para todas aquelas persoas que presenten un ou varios tickets de compra en comercios ou establecementos de hostalaría de Barbadás realizados entre o 5 e o 19 de marzo por un importe de 30 euros ou máis.
A iniciativa busca promover a compra no comercio local e ofrecer unha experiencia cultural e musical á veciñanza.