Barbadás mellora o saneamento en Piñor cunha nova estación de bombeo

O Concello de Barbadás vén de rematar a instalación dunha estación de bombeo na rúa Travesía de Piñor, unha actuación que permitirá substituír o uso de fosas sépticas por un sistema de depuración máis eficiente e adaptado aos requisitos medioambientais.
“Este tipo de intervencións xa se levaron a cabo noutros lugares como Sobrado, na zona do Outeiriño, e seguiranse facendo”, explica a tenente de alcalde e concelleira de Servizos Públicos, Victoria Morenza, quen subliña que se trata de “un dos poucos lugares que quedaban sen saneamento”.
O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, tamén valora positivamente a actuación, á que define como “un avance medioambiental que tamén levaremos a cabo noutros lugares do municipio en base ao cumprimento da lexislación e á optimización dos recursos medioambientais”.