Barbadás ofrece un curso de operador de carretilla elevadora para persoas desempregadas

OurenseXa
A acción formativa desenvolverase entre os días 27 e 30 de abril
curso-carretilla-barbadas
11 Apr 2026

O Concello de Barbadás, a través da Concellería de Promoción Económica e Formación, organiza un curso de operador de carretilla elevadora dirixido á formación en competencias profesionais neste ámbito.

A acción formativa desenvolverase entre os días 27 e 30 de abril, en horario de 15:30 a 20:30 horas, no Centro Empresarial Transfronterizo (CET) do municipio.

Segundo informan desde o Concello, terán preferencia as persoas desempregadas empadroadas en Barbadás, co obxectivo de favorecer a súa inserción no mercado laboral mediante a adquisición de novas habilidades. As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición a través do correo electrónico cet@barbadas.es ou no teléfono 988 360 413.

0.12135410308838