Barbadás organiza a finais de outubro un curso de técnicas de poda

OurenseXa
A actividade desenvolverase en dous turnos, do 27 ao 30 de outubro e do 3 ao 6 de novembro
enxerto-poda-xardin
12 Oct 2025

O Concello de Barbadás, a través da Concellería de Promoción Económica e Formación, organiza un curso de técnicas de poda destinado a todas as persoas interesadas en adquirir ou mellorar os seus coñecementos nesta área.

O curso contará con dúas edicións para facilitar a participación. A primeira desenvolverase do 27 ao 30 de outubro e a segunda do 3 ao 6 de novembro, en horario de 16:00 a 19:00 horas. As clases impartiranse no Centro Empresarial Transfronteirizo (CET).

As inscricións poden realizarse enviando un correo a cet@barbadas.es
ou chamando ao 988 360 413.

⚙ Configurar cookies
0.075589895248413