Barbadás organiza a III edición das Mascaradas Ancestrais

OurenseXa
Será o sábado 15 de febreiro cun desfile que terá como protagonista á Pita de Eiroás
mascaradas-barbadas
11 Feb 2025

Este Entroido regresa a Barbadás unha nova edición das Mascaradas Ancestrais, que este ano terá como protagonista á Pita de Eiroás.

Será este sábado, 15 de febreiro, e haberá un desfile das máscaras dende a Casa do Concello ata o Museo da Gaita de Fole que arrancará ás 16.30 horas. A música durante o desfile estará a cargo das batucadas Os Trebóns e Vilatuke, mentres que As ferreñas no Luscofusco e os Rampeiros actuarán ao remate do desfile, unha vez chegue ao museo.

 

0.15202713012695