Barbadás organiza a III Exhibición de Medios de Seguridade e Emerxencias dirixida ao alumnado

O Paseo dos Amieiros (A Valenzá) acollerá o vindeiro 3 de xuño a III Exhibición dos Medios de Seguridade e Emerxencias, unha iniciativa organizada pola Concellería de Servizos Sociais, Saúde e Igualdade do Concello de Barbadás.
Durante a xornada, que se desenvolverá de 9:30 a 14:00 horas, o alumnado destes centros educativos terá a oportunidade de coñecer de preto o labor diario que realizan os distintos corpos e forzas de seguridade e emerxencias.
A exhibición contará coa participación dunha ampla representación de organismos e servizos, entre os que se atopan: Garda Civil, Policía Nacional, Policía Local de Barbadás, Bombeiros de San Cibrao, Protección Civil de Ourense e de Barbadás, a Consellería de Medio Rural, Axega 112, Patrimonio Natural e a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS).
Esta actividade ten como obxectivo fomentar entre a mocidade o coñecemento, respecto e confianza cara aos servizos de emerxencia e seguridade, ademais de promover valores como a solidariedade, a prevención e a cooperación cidadá.