Barbadás organiza este martes unha sesión de contacontos sobre violencia de xénero

OurenseXa
A actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 10 anos e celebrarase este martes 25 de novembro na Biblioteca Municipal
barbadas-contacontos-25n
24 Nov 2025

Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a Concellería de Cultura de Barbadás organiza o contacontos “Ruxido de leoa”. A historia xira arredor de María, unha nena que perde a voz a causa do medo, pero que grazas a unha amizade especial consegue recuperala e enfrontarse a quen intenta asustala.

A actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 10 anos e terá lugar o martes 25 de novembro ás 17:30 horas na Biblioteca Municipal.

As inscricións son gratuítas e deben realizarse enviando un correo electrónico a biblioteca@barbadas.es
, indicando o nome, idade e número de teléfono da persoa participante.

⚙ Configurar cookies
0.074179887771606