Barbadás contará cun campamento durante as vacacións de Semana Santa

OurenseXa
Será os días 30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril no Espazo Infantil do concello
nenos-campamento-nadal
1 Mar 2026

O Concello de Barbadás pon en marcha o Campamento de Primavera coa intención de apoiar a conciliación das familias durante estas vacacións escolares. A actividade contará cun total de 40 prazas, repartidas en dous grupos de 20 participantes cada un, para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.

O campamento celebrarase os días 30 e 31 de marzo, así como o 1 e o 6 de abril, no Espazo Infantil do concello. As inscricións estarán abertas do 2 ao 9 de marzo e poderán realizarse a través dos canles habilitados polo Concello.

0.11988186836243