Barbadás organiza un curso de visual merchandising para mellorar a presentación comercial das tendas

OurenseXa
A formación desenvolverase entre o 4 de maio e o 15 de xuño e as inscricións xa están abertas
curso-visual-merchandising
12 Apr 2026

O Concello de Barbadás, a través da Concellería de Comercio, pon en marcha un curso de visual merchandising dirixido a persoas interesadas en mellorar a presentación dos seus negocios e aprender novas técnicas de colocación de produtos e decoración de espazos comerciais.

A formación desenvolverase entre o 4 de maio e o 15 de xuño, cun formato mixto: sesións presenciais os luns e formación en liña os xoves, en horario de 20:15 a 21:45 horas. O curso impartirase na Aula da Solaina.

As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición a través do correo electrónico cet@barbadas.es ou no teléfono 988 360 413.

0.23490595817566