Barbadás organiza un obradoiro de autodefensa dirixido a mulleres

A Concellería de Igualdade do Concello de Barbadás organiza un obradoiro de autodefensa dirixido a mulleres, enmarcado na programación do 8 de marzo.
A actividade, de carácter práctico, permitirá ás participantes aprender diversas técnicas de autodefensa e autoprotección nun espazo seguro.
O obradoiro terá lugar o sábado 28 de marzo, de 11:30 a 13:30 horas, na Casa da Mocidade.
As inscricións poden realizarse até o día 26 no Centro de Información á Muller (CIM), enviando un correo a igualdade@barbadas.gal ou chamando ao 988 222 251.