Barbadás organiza unha nova entrega de composteiros gratuítos este venres

OurenseXa
Para poder recoller o composteiro e participar no programa, é necesario asistir previamente a unha das sesións informativas organizadas no municipio
campaña-compostaxe-barbadass
26 Feb 2026

O Concello de Barbadás celebrará este venres 27 de febreiro unha nova sesión informativa dentro da súa campaña de fomento da compostaxe doméstica, que incluirá a entrega gratuíta de composteiros ás persoas participantes.

A cita terá lugar ás 19.00 horas no Centro Empresarial Transfronteirizo (CET). Para poder recoller o composteiro e formar parte do programa, é preciso asistir previamente a unha das sesións informativas organizadas no municipio, nas que se explica como transformar os residuos orgánicos do fogar en abono natural dun xeito sinxelo e sostible.

Desde o Concello lembran que nas próximas semanas se programarán máis encontros en distintos puntos de Barbadás, co obxectivo de facilitar o acceso a esta iniciativa ao maior número posible de veciños e veciñas.

As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición a través da web barbadas.ocaminosostible.gal ou solicitar máis información no teléfono 647 521 464 e no correo electrónico info@ocaminosostible.gal
.

O programa conta co apoio da Xunta de Galicia e está financiado con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU.

0.12018299102783