Barbadás organiza unha semana chea de música para celebrar o Nadal

OurenseXa
O programa comeza este xoves coa actuación de Música e Movemento & Coro no Local Fonval
Decoración Nadal
17 Dec 2025

A Concellería de Cultura de Barbadás e a Escola Municipal de Música de Barbadás organizan unha semana chea de música para vivir o espírito do Nadal.

A primeira sesión terá lugar este xoves 18 de decembro, ás 17:30 horas, no Local Fonval, coa actuación de Música e Movemento & Coro. Máis tarde, ás 19:00 horas na Casa da Cultura Manuel María, actuará a Banda Infantil de Música.

O venres 19 de decembro, o Grupo de Corda “Sen contrastes” ofrecerá un concerto no Local Fonval ás 18:00 horas.

⚙ Configurar cookies
0.085018157958984