Barbadás prepara a II Festa de Samaín con actividades para todos os públicos

O Concello de Barbadás, en colaboración co Centro Adiante, Galiwork, Disco Verbena e TransNGS, organiza o martes 31 de outubro a II Festa de Samaín, unha celebración chea de actividades para grandes e pequenos.
Durante a xornada, os asistentes poderán desfrutar dun desfile e concurso de disfraces, así como dun baile e numerosas sorpresas. Os máis pequenos están convidados a participar no concurso infantil e nas dinámicas de baile, garantindo unha tarde divertida e chea de emoción.
A programación inclúe tamén a exhibición do grupo de baile de MTV e a degustación de bolos preñados. Xa pola noite, a partir das 23:00 horas, arrincará a festa coa disco móbil Verbena, para continuar co ambiente festivo.
Ademais, a cita contará cun concurso de cabazas decoradas e unha churrería, completando así unha tarde e noite de Samaín pensada para todos os públicos.
O evento terá lugar na Avenida de Celanova, na contorna da Glorieta da Familia, e promete converterse nunha celebración imprescindible do Samaín en Barbadás.
PORGRAMA COMPLETO DO SAMAÍN DE BARBADÁS