Barbadas prepárase para o VIII Concurso de Pinchos “Barbadás a Bocados”

OurenseXa
A cita gastronómica celebrarase o 12 e 13 de setembro con ruta polos locais participantes, sorteos e votación popular
tapas-vegadeo
31 Aug 2025

Barbadás volve converterse en epicentro culinario coa celebración do VIII Concurso de Pinchos “Barbadás a Bocados”, que terá lugar os días 12 e 13 de setembro, en horario de 19:00 a 23:00 horas.

Durante dúas xornadas, veciños e visitantes poderán gozar dunha ruta gastronómica polos establecementos participantes, degustando propostas orixinais que competirán por alzarse co recoñecemento do xurado e do público. A organización prevé, ademais, un sorteo de agasallos entre os asistentes que completen o percorrido polos locais.

Entre os bares e restaurantes que se suman a esta oitava edición figuran O Chicote, A Cova do Savio, Pizzería Estilo, Wakaouren, Os Faroles, Oren Express, Tapería A Bodeguiña, Alento, Alecrín, Cacho Pizza e Tarona, que presentarán pinchos creativos elaborados con produtos de calidade.

O evento, promovido pola Concellería de Comercio do Concello de Barbadás, conta coa colaboración de Estrella Galicia, Coren e outras entidades, consolidándose como unha das citas gastronómicas máis esperadas do calendario local.

⚙ Configurar cookies
0.15683698654175