Barbadás publica a listase de actividades formativas prevista para o mes de abril
A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Formación do Concello de Barbadás ven de publicar a listaxe das actividades formativas previstas para o vindeiro mes de abril.
As actividades arrancan o vindeiro 4 de abril cun "Curso de manipulación de alimentos" impartido no CET Barbadás en horario de 16.00 a 20.00 horas.
Pola súa banda, do 15 ao 18 de abril terá lugar un "Curso de coidados de persoas dependentes", no que o alumnado adquirirá os coñecementos básicos sobre as técnicas para realizar os coidados diarios de persoas dependentes e primeiros auxilios. O curso impartirase no CET Barbadás entre as 16.00 e as 20.00 horas.
Así mesmo, dende o Concello tamén pondrán en marcha un "Curso de cociña", que contará con dúas edicións e no que as persoas aprenderán as principais técnicas culinarias, aplicando a creatividade na preparación e presentación dos pratos e priorizando o uso dos produtos típicos dos hortos da zona. Este curso impartirase, por un lado, os días 2,9,16,23 e 30 de abril no Edificio Fonval (A Valenzá) en horario de 17.00 a 20.00 horas e, ademáis, haberá outro os días 5,12,19 e 26 de abril no Local Social de Loiro en horario de 16.00 a 20.00 horas
Todos os cursos teñen prazas limitadas polo que os interesados deberán solicitar previamente a inscripción no teléfono 988 360 413 ou por correo na dirección cet@barbadas.es.