Barbadás recibirá este mércores aos máis de 200 participantes da Ruta Quetzal

Barbadás acollerá este mércores a máis de 200 mozos e mozas da Ruta Quetzal, unha iniciativa de aventura e formación cultural. O grupo chegará a San Lourenzo de Piñor ás 18:30 horas para participar nun paseo literario guiado polo profesor David González Couso.
Baixo o título O rastro de Carmiña, a actividade servirá para dar a coñecer a pegada de Barbadás na biografía e obra de Carmen Martín Gaite, neste ano adicado á autora. O paseo comezará ás 18:45 horas e percorrerá espazos vinculados á escritora.
Ao rematar a xornada, os participantes instalarán o seu campamento no Pavillón Polideportivo do Concello de Barbadás, onde pernoctarán antes de continuar coa ruta.