Barbadás remata as obras de saneamento en Piñor

O Concello de Barbadás concluíu as obras de saneamento na localidade de Piñor, unha actuación que permitirá deixar de utilizar fosas sépticas e conectarse á rede xeral.
O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, salientou que se trata dun “avance medioambiental que tamén se levará a cabo noutros lugares do municipio, en base á lexislación e á optimización dos recursos medioambientais”.
Pola súa banda, a tenente de alcalde e concelleira de Servizos Públicos, Victoria Morenza, indicou que “a instalación deste bombeo vai permitir cumprir a normativa vixente e eliminar o uso de fosas sépticas”.
O Concello prevé estender este tipo de actuacións a outras zonas do municipio, seguindo os criterios legais e medioambientais establecidos.