Barbadás traballa nas labores de reparación da rede de telecomunicacións

OurenseXa
As labores inciadas buscan poñer fin ás incidencias recorrentes detectadas nos últimos meses
antena-telecomunicacion
10 Mar 2026

O Conecello de Barbadás informa de que técnicos de telecomunicacións están a realizar estes días labores de reparación na rede de Barbadás, despois de que o consistorio solicitase a intervención da Secretaría do Estado ante os problemas recorrentes detectados nos últimos meses.

As revisións identificaron fallas en torres de comunicación afectadas por caídas de tensión durante os temporais, así como redes subterráneas inundadas. Actualmente, traballadores de empresas privadas, principalmente Vodafone e R, están a encargarse da reparación dos equipos afectados.

O tenente alcalde, Daniel Rey, sinalan dende o Concello, mantén contacto diario coas empresas e coa Secretaría do Estado para seguir a evolución da situación. “Nos vindeiros días, os problemas da rede estarán solucionados”, asegurou.

0.10006594657898