Barra de Miño acolle a Festa da Xuventude esta fin de semana

OurenseXa
O programa dará comezo o venres 19, pola noite, con Xurxo Carreño e o seu show Volcámolo Camión
cartel das festas de barra de mino en coles
Cartel
19 Xul 2024

A localidade de Barra de Miño, en Coles, acollera esta fin de semana, do 20 e 21 de xullo, a festa do Carmen e da Xuventude.

O programa dará comezo o venres 19, pola noite, con Xurxo Carreño e o seu show Volcámolo Camión, para, seguidamente, dar paso á orquestra Gran Parada. Ás 00.15 horas haberá música con A Gramola.

O sábado, a festividade comezará pola mañá, cunha alborada con charanga motorizada. A misa e a procesión será ás 12.00, ademais dunha sesión de muiñeira con charanga.

Pola tarde haberá un campionato de tute e poxado, ademais dun partido de fútbol e, sobre ás 22.00 horas, é a quenda da orquestra Cordosom, Los Camachuelos e Dj Aitor Fernández.

O domingo, o oficio relixioso será á mesma hora e actuarán Coral Encantiño e Charanga Castro Bello. Pola tarde terá lugar novamente o campionato de tute e poxado e a orquestra Alabama será a que amenice a verbena de fin de festa.

0.19951510429382