‘Boeiros de Medo’ regresa a Pereiro de Aguiar para festxar o Samaín

OurenseXa
A Asociación de Veciños de Boeiros organiza un ano máis o 1 de novembro unha noite chea de terror, diversión e suspense
boeiros-de-medo-2025
22 Oct 2025

A Asociación de Veciños de Boeiros volverá organizar un ano máis ‘Boeiros de Medo’, unha noite cargada de terror, diversión e suspense para celebrar o Samaín que terá lugar o 1 de novembro ao redor das 20:00 horas neste lugar situado na parroquia de Santa Marta de Moreiras, no concello de Pereiro de Aguiar.

Por primeira vez, nesta edición a venda de entradas farase de xeito anticipado. Deste xeito, explican dende a organización, os participantes poderán escoller o seu horario aproximado de chegada, evitando aglomeracións e esperas prolongadas. As entradas son limitadas e poderán adquirirse a través de WhatsApp no número 645 44 37 02.

⚙ Configurar cookies
0.3627290725708