Brais Das Hortas chega a Barbadás co seu “Conssertasso na horta”

OurenseXa
Será este sábado ás 17:30 horas no Museo da Gaita de Fole
BRAIS-DAS-HORTAS
28 Mar 2026

O Concello de Barbadás organiza este sábado 28 de marzo o espectáculo musical “Conssertasso na horta”, a cargo do artista Brais Das Hortas. A cita será no Museo da Gaita de Fole ás 17:30 horas.

A entrada familiar é gratuíta para quen dispoña dun ou varios tickets de compra no comercio e hostalaría de Barbadás adquiridos entre o 5 e o 19 de marzo por un importe de 30 euros. A iniciativa busca fomentar a participación da veciñanza e apoiar o tecido comercial e hostaleiro local, ao mesmo tempo que ofrece unha actividade cultural para todas as idades.

0.15093207359314