Bruno Rúa presenta no Ateneo o libro "As Aldeas de Viana do Volo, Vilariño de Conso, A Mezquita e A Gudiña”

Este martes, 24 de marzo, o Ateneo de Ourense acollerá a presentación do libro "As Aldeas de Viana do Volo, Vilariño de Conso, A Mezquita e A Gudiña”, obra de Bruno Rúa. A cita será ás 19:00 horas na sede provisional do Ateneo, situada no Centro Cultural Marcos Valcárcel.
Nesta obra, o autor recolle fragmentos de historias e experiencias persoais relacionadas coas aldeas, destacando a súa visión sobre a arte, a arquitectura e, sobre todo, a esencia humana que caracteriza estas comunidades. Este é o terceiro libro de Bruno Rúa, despois dos títulos dedicados ás aldeas da comarca do Támega e, máis recentemente, ás da comarca da Limia.