Budiño aterriza en Ourense para presentar o seu novo traballo

OurenseXa
"Branca Vela" é o oitavo disco do músico e compositor galego, que chega este domingo ao Teatro Principal de Ourense
budiño_ourense
Budiño presenta
20 Apr 2024

O músico e compositor Budiño chega este domingo, 21 de abril, ao escenario do Teatro Principal de Ourense. O concerto dará comezo ás 19.00 horas, e forma parte do programa da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (MITEU 2024).

"Branca Vela", é o oitavo disco do músico galego, co que busca "volver desprazar" ao seu público cunha mestura de percusión tradicional e electrónica "orgánica", todo iso combinado con algunhas das grandes voces do circuíto galego como como o son Guadi Galego, Leilía ou De Vacas.

Todo o disco, que se centra especialmente en dar valor á parte percusiva e as capas sonoras das súas gaitas e frautas, está producido por el mesmo desde o seu estudo "Ardora". A percusión tradicional conéctase cos sons electrónicos ao longo das dez cancións que compoñen o disco.

0.17185401916504