Bustelo de Veiga, en Xunqueira de Ambía celebra do 16 ao 18 de xaneiro as festas na honra a San Antonio

A localidade de Bustelo de Veiga, no concello de Xunqueira de Ambía, prepara as festas na honra a San Antonio, que se celebrarán os días 16, 17 e 18 de xaneiro de 2026 cun programa no que non faltarán gastronomía, actos relixiosos e música.
O venres 16 comezará coa cea popular ás 21.00. A organización solicita confirmar asistencia antes do domingo 11 de xaneiro chamando aos teléfonos 682 598 022 (Manuel) ou 620 336 000 (Víctor). A continuación, haberá verbena coa Orquestra Panamá.
O sábado 17 a festa continuará con dobre pase: sesión de tarde desde as 19.00 e sesión de noite ás 23.30, ambas coa orquestra La Travesía.
O domingo 18, ás 13.00, celebrarase a misa no campo da festa na honra a San Antonio, amenizada pola Charanga A Felga. A partir das 18.00, a música seguirá coa sesión de tarde do Trío Xtra.
A comisión organizadora lembra que toda a festa será dentro dunha carpa con calefacción.