Cabeza de Vaca celebra as súas festas os días 10 e 11 de xullo

A parroquia de Cabeza de Vaca celebrará as súas festas patronais os próximos 10 e 11 de xullo cun programa que combina música, tradición e actividades para todos os públicos.
As festas comezarán o xoves 10 ás 13:00 horas cun espectáculo de fogos para anunciar o inicio das celebracións. Pola noite, veciñanza e visitantes poderán desfrutar da actuación da orquestra Alabama e dunha sesión de discomóbil co Show.
O venres 11 a xornada arrancará ás 12:30 horas cunha misa e procesión, seguida dunha sesión vermú amenizada pola charanga Como Queiras Band. Ás 17:00 horas celebrarase un campionato de tute. Pola noite, a orquestra Horizon the Show e a discomóbil La Gramola poñerán o broche final á festa. No descanso da orquestra farase entrega dos trofeos do campionato e realizarase un sorteo de 300 euros entre o público asistente.