Cándido Pazó levará a súa función ‘O proceso’ a Celanova
OurenseXa
A representación será este venres, 7 de febreiro, no Auditorio Municipal Ilduara

4 Feb 2025
Celanova acollerá este venres a representación teatral ‘O proceso’, unha obra escrita e dirixida polo dramaturgo Cándido Pazó e protagonizada por Jouse García, Marcos Orsi, Paula Pier e Xoque Carbajal.
A función terá lugar o venres, 7 de febreiro, ás 20.00 horas, no Auditorio Municipal Ilduara (AMIC) de Celanova. A obra, de Malasombra Producións, forma parte do programa da Rede de Auditorios Provincial de Ourense (reaOU), e conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais.
A peza trata sobre o proceso xudicial contra o poeta Manuel Curros Enríquez, dende “unha ollada cómica a un asunto serio”.