Carlos Babío inaugurará as Xornadas de Memoria Antifascista en Celanova cunha charla sobre o Pazo de Meirás

OurenseXa
O presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña será o encargado de abrir estas xornadas, organizadas polo Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova, este sábado no Salón de Arcos da Casa do Concello
Imaxe do Pazo de Meirás en Sada
12 Nov 2025

O investigador e presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, Carlos Babío, abrirá este sábado, día 15, as Xornadas de Memoria Antifascista sobre A Transición Española, organizadas polo Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova.

O acto terá lugar ás 11.45 horas no Salón de Arcos da Casa do Concello, onde Babío abordará a historia do Pazo de Meirás como símbolo da impunidade franquista desde a morte do ditador até ben entrado o século XXI.

Neto dunha das mulleres cuxa propiedade foi espoliada pola familia Franco durante as sucesivas ampliacións do pazo, Babío é coautor do ensaio Meirás, un pazo, un espolio, un caudillo, obra que serviu de base á demanda xudicial que permitiu ao Estado recuperar o inmoble e obrigar aos Franco a entregar a propiedade en decembro de 2020.

O investigador estará acompañado por Rubem Centeno, tamén membro da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, quen centrará a súa intervención no papel do Cárcere da Coruña como espazo de represión política durante os anos da Transición.

⚙ Configurar cookies
0.073815822601318