Carlos Núñez chega a Celanova coa súa xira 'Lugares máxicos'
OurenseXa
O músico vigués presentará o seu último traballo, 'Celtic Sea'

5 Aug 2024
Carlos Núñez chega este luns ás 20.00 horas ao Claustro Barroco do Mosteiro de San Salvador Celanova coa súa xira 'Lugares Máxicos'.
O músico vigués presentará o seu último traballo, 'Celtic Sea', un disco que nace froito da colaboración con Brittany Ferries para celebrar o 50 aniversario da compañía marítima, que une os portos atlánticos europeos e na que viaxan 3 millóns de persoas cada ano, que terán a oportunidade de gozar desta música a bordo. 'Celtic Sexa' é unha homenaxe ao mar e á música celta en toda a súa esencia.