Carmen V. Valiña presenta no Ateneo de Ourense o libro ‘As tolas que non o eran mulleres no manicomio de Conxo’

OurenseXa
A obra céntrase na historia de mulleres ingresadas no manicomio de Conxo entre finais do século XIX e comezos do XX
carmen-v-valiña
18 Nov 2025

O Ateneo de Ourense acollerá este mércores, 19 de novembro de 2025, a presentación do libro ‘As tolas que non o eran: mulleres no manicomio de Conxo’ (1885-1936), da historiadora e xornalista Carmen V. Valiña. A autora, doutora en Historia Contemporánea e docente na Universidade Europea Miguel de Cervantes, publicou este traballo este ano na Editorial Galaxia, onde tivo unha acollida moi destacada.

A obra céntrase na historia de mulleres ingresadas no manicomio de Conxo entre finais do século XIX e comezos do XX, moitas delas marcadas pola pobreza, a falta de educación formal e o feito de seren mulleres nun contexto de forte desigualdade. Valiña reconstrúe as súas traxectorias para amosar como estas vidas, tradicionalmente invisibilizadas, axudan a entender unha parte pouco atendida da nosa historia.

O acto estará presentado polo psiquiatra e escritor David Simón Lorda, colaborador habitual do Ateneo e autor do blog Diario de un médico de guardia, dedicado á historia da medicina ourensá, a memoria histórica e a saúde mental.

A cita será ás 19:00 horas no Salón de Actos da sede provisional do Ateneo, situada no Centro Cultural Marcos Valcárcel (Progreso, 30).

⚙ Configurar cookies
0.076880931854248