Catrocentos alumnos fórmanse ao ano na Escola Provincial de Gaitas de Ourense
OurenseXa
Ao longo da súa historia pasaron por esta escola ao redor de 25.000 alumnos dos cinco continentes.
Escola de Gaitas da Deputación de Ourense
25 May 2024
O presidente provincial, Luis Menor, realizou unha visita á Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense, organismo que comezou a súa andaina, con estrutura académica, a mediados da década dos anos 80. Menor estivo acompañado polo director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo, e o director da área de Cultura da Deputación, Marcos Vázquez.
Na actualidade acoden a esta escola 400 alumnos que cursan estudos nas modalidades de gaita, pandereita, canto, percusión ou zanfona. Incluso entre o alumnado figuran persoas procedentes de Estados Unidos e Xapón, pero incluso hai outras 300 persoas que siguen clases desde outros moitos países a través de cursos online. De feito, ao longo de todos estes anos pasaron por esta escola ao redor de 25.000 alumnos dos cinco continentes.
O máximo expoñente da escola é a Real Banda de gaitas da Deputación, que ten ofrecido concertos por todo o mundo.
Nunha visita aos súas instalacións, o presidente provincial, Luis Menor, aproveitou para poñer a importante labor cultural que levan a cabo desde a escola, e felicitou aos alumnos “por deixar sempre o pavillón de Ourense moi alto, sendo como sodes unha magnífica representación de Ourense”, destacando que detrás dos seus espectaculares concertos “hai un duro traballo que é de agradecer”.