CCOO critica “falta de aposta polo emprego de calidade” en Ourense

OurenseXa
Advirten de que no mes de marzo o paro aumentou en todos os sectores de actividade agás na construción
foto_arquivo_paro_desemprego
6 Apr 2026

A Unión Intercomarcal de CCOO Ourense-Valdeorras critica a “falta de avances” en Ourense pola “falta de aposta polo emprego de calidade”, tras coñecerse os últimos datos de emprego do mes de marzo, cando o paro incrementouse en 22 persoas.

Respecto ao ano anterior, hai 182 persoas desempregadas menos e 1336 persoas afiliadas mais, cunha subida de 401 afiliados e afiliadas no pasado mes de marzo. Atendendo ás idades, o paro incrementouse no tramo de maiores de 45 anos incrementouse en 40 persoas. Desglosando esta cifra hai 44 son homes mais parados e conseguiron emprego 4 mulleres.

CCOO advirte de que o paro aumenta en todos os sectores de actividade agás na construción, onde conseguiron emprego 10 persoas ( 12 homes e 2 mulleres), ,mentres que a industria descende en 13 persoas ( 17 homes menos e 4 mulleres máis). Mención especial merece o sector servizos onde hai 12 persoas desempregadas mais das cales 75 mulleres conseguiron traballo e 87 homes perdérono.

Unha vez mais, advirten dende a unión sindical, o tecido produtivo da cidade ven marcado pola estacionalidade das campañas do sector servizos.

Asó, en marzo rexistráronse en Ourense 4381 contratos, dos cales 2745 foron temporais e 1636 indefinidos, o que suma 206 mais que no mes de febreiro. A contratación aumentou porcentualmente 0.7 puntos.

Por outra banda, segundo os últimos datos publicados polo SEPE cobraron algún tipo de prestación por desemprego 9710 persoas: 4424 prestacións contributivas e 5276 subsidios e 10 persoas percibiron A RAI. Ademais, segundo os datos, non hai ningún expediente de regulación de emprego.

Dende CCOO agardan que o período vacacional e a chegada do bo tempo, produzan un incremento na contratación de xeito que os datos de este ultimo mes non sexan coxunturais, senón unha aposta pola provincia, na que os sectores produtivos de alto valor engadido favorezan a creación de emprego de calidade e a mellora do nivel de vida das persoas residentes na provincia.

0.13357496261597