CCOO e UGT convocan unha mobilización en Ourense polo 1 de maio

OurenseXa
A manifestación sairá do Pavillón dos Remedios ás 12.00 horas deste xoves
ccoo-ugt-manifestacion-2-d-maio-ourense
30 Apr 2025

Este primeiro de maio as organizacións sindicais UGT e CCOO fan un chamamento a participación na manifestación do primeiro de Maio. Este ano CCOO e UGT queren render homenaxe ás persoas que son perseguidas e asasinadas por defender os dereitos sociais e laborais, e expresamos a nosa solidariedade cos pobos que sofren represión, ocupación e guerra. A mobilización sairá do Pavillón dos Remedios ás 12.00 horas deste xoves.

En España, sinalan, é imprescindible seguir impulsando o diálogo social para reforzar o emprego digno, mellorar os salarios mediante a negociación colectiva, garantir o dereito á vivenda, especialmente danado entre a xuventude, pero que supón un problema social de primeira orde, e avanzar en igualdade de xénero e na loita contra a violencia machista.
En Ourense, segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa do primeiro trimestre, que se publicaron o dia 28 de abril amosase un pequeno descensona taxa de desemprego, un 0,4 puntos porcentuais, pero non foi equilibrado porque aumentou o paro feminino nun 0,5 puntos. A contratación temporal sigue estabilizada nun 65% dende a ultima reforma laboral na que se promoveu a contratación indefinida.

O sindicalismo, din, “é un piar transformador das democracias, alá onde hai organizacións sindicais con poder e forza na toma de decisións, a vida da clase traballadora é mellor. O noso compromiso coas persoas traballadoras é claro e contundente e temos o reto de loitar por: reducir a xornada para gañar tempo de vida, de aumentar os salarios para gañar estabilidade e calidade de vida, polo feminismo a igualdade a saúde laboral para gañar igualdade, liberdade e calidade de vida”.

⚙ Configurar cookies
0.16941785812378