Celanova acenderá este venres as luces de Nadal

O Concello de Celanova acenderá as luces de Nadal este venres cun acto que comezará ás 20: 00 horas na Praza Maior e na Alameda e que contará coas actuacións musicais da Banda EBC, a Banda de Gaitas de Celanova, as pandereteiras de Celavella, Lembranza Solpor, a Filarmónica Solpor, a EDC Celanova e os Acordeóns Terra de Celanova.
O acendido de Nadal dará comezo a unha morea de actividades organizadas polo Concello para este mes de decembro, que continuarán o sábado con dous mercados: o I Mercado Nadiveño na Praza Abastos, aberto de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas, e o Gran Mercado de Nadal que terá lugar no Claustro Barroco entre as 10:00 e as 20:00 horas.
O domingo será a III Xuntanza Moteira Celanova na Praza Maior, que dará comezo ás 10:30 horas. Durante a segunda fin de semana, o venres 12 celebraranse as audicións para solistas da EMBC na AMIC ás 19:00 horas, e o sábado 13 continuarán as audicións colectivas na mesma hora e lugar, xunto coa continuación do I Mercado Nadiveño na Praza Abastos en horarios similares ao anterior.
O venres 19 terá lugar o Festival da Escola Infantil na AMIC ás 19:00 horas, seguido do Festival Rebulir pola vila entre as 20:00 e as 22:00 horas, e ao mesmo tempo, no Pabellón Pedra da Moa, celebrarase o Festival de Nadal da Escola Deportiva.
Pola súa banda, o sábado 20 o Festival Rebulir ofrecerá animación con grupos de Senegal e Ecuador na Praza Maior ás 12:45 horas, e despois un grupo de A Rixoa animará as rúas da vila ás 13:15 horas. Á mesma hora, na Casa dos Poetas, terá lugar a presentación de “Andares e Sentires. Versos en Diáspora”, e pola tarde, tamén na Casa dos Poetas, proxectarase unha serie de curtas para conmemorar o Día máis Curto ás 17:00 horas. Para pechar o día, na AMIC ás 18:00 horas, celebrarase o Festival de Nadal coa participación da Banda Municipal, Banda Infantil e Xuvenil e Big Band. Durante esa mesma fin de semana continuará o I Mercado Nadiveño na Praza Abastos.
Finalmente, o venres 26 destacarase o concerto de Nadal de Lembranza Solpor na AMIC ás 19:30 horas, mentres que desde o 26 ata o 28 poderanse gozar de inchables no Pavillón Municipal Pedra da Moa, en horario de 16:30 a 20:00 horas. O sábado 27 e o domingo 28 repetirá o I Mercado Nadiveño na Praza Abastos con horarios habituais, para rematar o ano coa tradicional Festa de Ano Novo o mércores 31 á medianoite na Praza Maior.