Celanova acolle esta fin de semana dúas funcións dentro do ciclo de teatro “Noites en Escena”

OurenseXa
A primeira será este mesmo sábado coa obra “Silencio cómplice”
noites-en-escea-celanova
20 Sep 2025

O Concello de Celanova organiza dúas representacións teatrais no marco do ciclo “Noites en Escena” no Auditorio Ilduara. O sábado 20 de setembro, ás 20:00 horas, terá lugar a obra “Silencio cómplice”, que aborda as violencias que non deixan marcas visibles, pero que permanecen na memoria e marcan para sempre.

O domingo 21 de setembro, ás 19:00 horas, será o turno de “Siete historias de terror y una canción desafinada”, unha representación que mergulla ao público nun universo de emocións intensas e xiros inesperados.

As dúas funcións forman parte da programación cultural do Concello de Celanova e están abertas a todas as persoas interesadas.

⚙ Configurar cookies
0.10881900787354