Celanova organiza esta semana un curso para aprender a usar o móbil

OurenseXa
A formación está pensada para achegar coñecementos básicos que permitan aos participantes familiarizarse co uso do dispositivo
mobil-tecnoloxia-1
4 Apr 2026

O centro CeMIT de Celanova organiza unha nova actividade formativa dirixida a persoas que queiran mellorar o manexo do seu teléfono móbil de forma sinxela e progresiva. O curso está pensado para achegar coñecementos básicos que permitan aos participantes familiarizarse co uso do dispositivo no seu día a día.

A formación terá lugar o luns 6 de abril, en horario de 16:00 a 17:30 horas. As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición ou obter máis información a través do teléfono 988 431 604, no propio centro CeMIT de Celanova.

0.12181401252747