Celanova acolle este domingo un concerto de órgano e vento

OurenseXa
Estará a cargo de María José Mosquera Seoane xunto coa Banda de Música de Celanova
concerto-nadal-celanova
27 Dec 2025

Este domingo, 28 de decembro, ás 19:00 horas, terá lugar un concerto de órgano e vento na igrexa parroquial de Celanova. A actuación contará coa participación de María José Mosquera Seoane xunto coa Banda de Música de Celanova.

Será unha ocasión para desfrutar dunha combinación musical que mestura o son do órgano coas diferentes voces dos instrumentos de vento. O concerto forma parte da programación cultural de Nadal do Concello para estas datas.

⚙ Configurar cookies
0.080557107925415