Celanova acolle este domingo un concerto de órgano e vento

Este domingo, 28 de decembro, ás 19:00 horas, terá lugar un concerto de órgano e vento na igrexa parroquial de Celanova. A actuación contará coa participación de María José Mosquera Seoane xunto coa Banda de Música de Celanova.
Será unha ocasión para desfrutar dunha combinación musical que mestura o son do órgano coas diferentes voces dos instrumentos de vento. O concerto forma parte da programación cultural de Nadal do Concello para estas datas.