Celanova acolle este sábado sesións de teatro e contacontos

OurenseXa
Pola mañá, o CPR Sagrado Corazón acollerá un contacontos con Uxía Morán e, pola tarde, o Auditorio Municipal acollerá a representación ‘Coa lingua fóra’
teatro-ontacontos-celanova
27 Feb 2026

O Concello de Celanova organiza este sábado, 28 de febreiro, dúas actividades culturais abertas á cidadanía. Pola mañá, ás 11.00 horas, o CPR Sagrado Corazón acollerá a sesión de contacontos con Uxía Morán, unha actividade con entrada libre destinada a público familiar.

Xa pola tarde, ás 19.30 horas, terá lugar no Auditorio Municipal a representación da obra ‘Coa lingua fóra’, a cargo de Tarumba Teatro e AMIC, unha proposta escénica que permitirá ao público desfrutar dun espectáculo de teatro en directo.

0.12047791481018