Celanova acolle este venres a quinta edición do obradoiro de plantas silvestres comestibles

O próximo sábado 11 de outubro, a Senda Fluvial de Sampil en Celanova será o escenario da quinta edición do obradoiro de Plantas Silvestres Comestibles, unha actividade pensada para quen queira aprender a identificar especies naturais e descubrir os seus usos culinarios.
O obradoiro desenvolverase en horario de 11:00 a 13:00 horas e combinará unha saída de campo cunha degustación de plantas silvestres, permitindo ás persoas participantes gozar da natureza e poñer en práctica os coñecementos adquiridos.
A inscrición ten un custo de 10 euros e pode formalizarse escribindo a daniela.s.r.valente@gmail.com
ou chamando ao 696 284 190.