Celanova acolle un obradoiro de cociña de Entroido para diabéticos

OurenseXa
Será o próximo 3 de febreiro no Centro Sociocomunitario e será necesario inscribirse previamente
Feira-do-cocido
30 Jan 2026

O próximo 3 de febreiro, de 16:00 a 20:00 horas, terá lugar no Centro Sociocomunitario de Celanova un obradoiro moi especial dirixido a persoas diabéticas. A nutricionista Cristina Conde será a encargada de guiar esta actividade, na que se ensinarán distintas receitas e explicarase como identificar alimentos e nutrientes nos diferentes pratos típicos do Entroido.

O obxectivo do obradoiro é que as persoas participantes adquiran habilidades básicas de cociña adaptadas ás súas necesidades e aprendan que poden gozar da cociña do Entroido sen restricións innecesarias.

As inscricións poden realizarse contactando co Centro Sociocomunitario de Celanova a través do teléfono 988 788 647 ou do correo electrónico c.b.s.celanova@xunta.gal.

⚙ Configurar cookies
0.084918022155762