Celanova acolle unha experiencia gastrobotánica con paseo e degustación de plantas silvestres

Celanova acollerá o 11 de abril unha experiencia gastrobotánica que combinará un paseo guiado de identificación de plantas silvestres comestibles e medicinais cunha degustación posterior.
A actividade desenvolverase na zona da Ponte Romana de Freixo entre as 16:00 e as 18:00 horas.
O evento está organizado por Sabores Espontáneos e o Concello de Celanova. As persoas interesadas poden inscribirse a través do correo electrónico daniela.s.r.valente@gmail.com
ou no teléfono 696 284 190. O prezo da actividade é de 10 euros.