Celanova acollerá esta semana dous obradoiros de decoración de Nadal

Celanova acolle esta semana dous talleres de decoración de Nadal que terán lugar no Centro Sociocomunitario. O primeiro será este martes, día 16, no que os participantes aprenderán a facer centros de mesa, mentres que o segundo estará enfocado á realización de guirnaldas de Nadal, e terá lugar o xoves 17.
O custo da inscrición é de 15 euros e para anotarse, os interesados poden contactar co Centro Sociocomunitario chamando ao 988 788 647 ou enviando un correo a c.b.s.celanova@xunta.gal. Os dous talleres desenvolveranse de 17:00 a 19:00 horas.