Celanova acollerá esta semana un curso sobre alimentación saudable

A Fundación Formavigo, en colaboración co Concello de Celanova e a Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, organiza un curso de alimentación saudable en Celanova o vindeiro mércores, 18 xuño.
A charla, titulada ‘Alimentación saudable despois dos 60 anos e cultura do aproveitamento’, terá lugar de 16:30 a 19:30 horas no Centro Sociocomunitario de Celanova e será impartida por Ana López, dentista e nutricionista.
Para participar, as persoas interesadas poderán anotarse a través do teléfono 988 431 481 ou por correo electrónico, na dirección igualdade@celanova.gal.