Celanova acollerá este sábado o IV Festival Solidario de Panxoliñas
OurenseXa
Todo o recadado será doado ao Banco de Alimentos

11 Dec 2025
O próximo 13 de decembro, ás 18:00 horas, terá lugar no Auditorio Municipal Ilduara de Celanova o IV Festival Solidario de Panxoliñas.
O evento está organizado polo Coro Iuvenis Cantores de Celanova e a Asociación Comadres de Celanova, coa colaboración do Concello de Celanova e a Asociación Celanova CHEA.
O acceso é gratuíto, pero solicítase aos asistentes que leven produtos non perecedeiros como pasta, conservas ou legumes, xa que toda a recollida será doada ao Banco de Alimentos.