Celanova acollerá este xoves a presentación do libro ‘Huyendo de las tinieblas’ de Rosa Correa Padrón

OurenseXa
Será na Casa dos Poetas, onde tamén se poderá visitar durante esta semana a mostra ‘Pintura y tinta’
Casa dos Poetas de Celanova
Casa dos Poetas, Celanova
21 Jul 2025

A Casa dos Poetas de Celanova acollerá o xoves, 24 de xullo de 2025, ás 20:00 horas, a presentación do libro ‘Huyendo de las tinieblas’, da autora Rosa María Correa Padrón, natural de Pazos, Verín.

A novela narra a historia dun detective retirado, marcado por un trauma do pasado, e dun inspector de policía cun xeito de traballar moi peculiar, que tentan atrapar a un psicópata que sementa o pánico na cidade. Paralelamente, un mafioso chinés, xa moribundo, busca ao seu discípulo para despedirse del. As protagonistas destas tramas cruzaranse ao longo do relato, facendo aflorar vellos rancores que afectan o presente dalgunhas personaxes.

Ese mesmo día tamén se clausurará a exposición ‘Pintura y tinta’ de Pedro Castro Couto, para a que o artista prepara unha obra inspirada no poema ‘Nouturnio’ de Manuel Curros Enríquez, a modo de cantar de cego.

⚙ Configurar cookies
0.44233894348145