Celanova acollerá unha nova edición do Festival 'Hercules Brass'

OurenseXa
O obxectivo fundamental desta cita é achegar aos mellores profesionais da música clásica ao público de todas as idades
Cartel do X Festival Hercules Brass de Celanova
18 Xuño 2024

O 'Festival Hercules Brass' regresa este 2024 a Celanova para celebrar a súa décima edición, que terá lugar entre o 29 de xullo e o 2 de agosto.

O obxectivo fundamental desta cita é achegar aos mellores profesionais da música clásica ao público de todas as idades, que dance cita cada ano no Claustro do Mosteiro de San Salvador de Celanova.

Ademáis dos concertos, os estudantes de música poderán completar a súa formación a través de clases maxistrais impartidas por un gran elenco internacional e nacional de profesores como Abel Pereira, Raymons Munnecon, Roberto Bodí, Ismael Cantos, Adrián Martínez, Jon Etterbeek, Edu Diz ou Iago Río. O prazo para inscribirse nestas clases estará aberto ata o venres 12 de xullo. 

0.10521292686462