Celanova acolleu a presentación da novela "Huyendo de las tinieblas" de Rosa Correa Padrón

OurenseXa
A presentación formou parte da programación cultural de verán da Casa dos Poetas
cel-presentacion
25 Jul 2025

A Casa dos Poetas de Celanova foi escenario da presentación da novela Huyendo de las tinieblas, da autora Rosa María Correa Padrón, natural de Pazos, Verín. O acto reuniu público interesado na narrativa de intriga e suspense.

Na obra, un detective retirado cunha ferida do pasado e un inspector de métodos pouco convencionais únense para tentar deter a un psicópata que sementa o pánico na cidade. Ao mesmo tempo, un mafioso chinés, gravemente enfermo, busca ao seu discípulo para despedirse del. As tramas crúzanse e conflúen, facendo aflorar antigos rancores entre personaxes que cargan co peso do pasado.

A presentación formou parte da programación cultural de verán da Casa dos Poetas e permitiu coñecer de preto a autora verinesa e unha obra que afonda nas complexidades humanas a través dunha historia chea de tensión, encontros inesperados e segredos por desvelar.

⚙ Configurar cookies
0.16880416870117